martes, 15 de xuño de 2021

Misión Liberamos a Alecrín.

 O luns chegamos ao cole e...

                😱😱😱😱😱😱😱😱😱


...atopamos a Alecrín enredado na tea da araña Timotea.!!!

Resulta que esta araña apresou ao noso amigo e nunha carta pídenos que resolvamos unha serie de pistas. Dinos que se o facemos  ben  liberará a Alecrín do contrario desaparecerá para sempre.

Decidimos axudar ao noso amigo e puxémonos mans á obra.


A pista 1 foi un puzle que nos mandaba a buscar a pista 2 agochada polo cole.


Pista 2. resolver un xeroglífico que nos indicaba o lugar onde estaba a pista 3.







Pista 3. Temos que contar un montón de bichiños. Como o fixemos moi ben a araña deixounos unha pegatina indicando o lugar onde estaba a 4.


Estamos a facelo moi ben. Mañá resolveremos  a 4 . esperamos liberar a Alecrín.


A pista 4 mandounos investigar. Tivemos que buscar a algúns profes do cole e facerlle unhas preguntas.
Por suposto quedou todo resolto.

Á volta do patio a araña Timotea deixounos  unha nota dicindo que xa podíamos liberar a Alecrín.







Pero non acabou aquí a cousa, o venres chegou un paquete por correo ordinario. Era un regalo de Alecrín para todos nós polo esforzo  realizado para liberalo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario