Un resumo do noso entroido (Fotos)
venres, 25 de febreiro de 2022
luns, 21 de febreiro de 2022
domingo, 13 de febreiro de 2022
Batido de Plátano e Amorodo
O venres fixemos no cole un batido de froita, moi pero que moi saudable. Unha boa forma de tomar froita para aqueles remolones que non pasan polo fruteiro.
Nesta receita a profe fíxonos traballar un pouquiño pero o resultado compensou.
Preparación
Preparamos os amorodos. Quitámoslle o rabiño e cortámolos
Pelamos os plátanos e cortámolos
Botamos azucre
Botamos leite
Batimos
Colamos e....
Resultado final
sábado, 12 de febreiro de 2022
Novo menú saudable
Nayra traballou na casa coa familia para traer este delicioso menú. Alguén quere un pouco?
Nayra explicoulles aos seus amigos e amigas o seu menú. Dixo moi ben os ingredentes e a súa orixe.
É verdade que tivo un problema cos espaguetis. De onde saen?
do super!!!!
Se algunha familia sabe facer pasta que envíe un vídeo explicativo e se non...miraremos un vídeo en youtube.
Grazas familias pola vosa colaboración.
venres, 11 de febreiro de 2022
Cumpleaños Elizabeth
Este martes 8 de febreiro Eli, a maior da clase, cumplíu 4 anos.
Facendo a súa coroa
Cos compañeiros e compañeiras
Ante a gran misión : soplar as candeas
Parabéns!!!!
martes, 8 de febreiro de 2022
Novos menús saudables
A quen non lle gosta unha boa robaliza con verduriñas? E un prato de brócoli con ovos cocidos e patacas?
Mirade que boa pinta! Estes pratos están a dicir: Cómeme, cómeme!
As cociñeiras
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Hai tempo que Sabela non ven ao cole porque esta malita pero o mércores fixo un esforzo e veu acompañada de Marta, unha amiga da sua nai que...