Este martes tivemos unha visita moi especial. Antonio, Adolfo, Pilar y Pura, do Centro de Maiores de Saraiva en Poio, acercáronse á escola para falar da súa infancia e dos seus xogos.
Contáronos cousas moi curiosas. Antonio explicounos como facían as pelotas con calcetíns vellos que enchían de trapos, Adolfo non xogaba, tiña que traballar para axudar a súa familia, Pura facía con trapos as bonencas e Pilar xogaba ás casitas con anacos de platos, pedras e herbas. O que está claro e que empregaban moito a súa imaxinación.
Para rematar a sesión xogamos con eles a lanzar sacos de tela con area dentro, xogo que tamén eles xogaban de pequenos.
Despedíronswe de nós e déronos un agasallo feito por eles mesmos .
Grazas av@s por dedicarnos o voso tempo.