venres, 29 de marzo de 2019

Trotacontos.

Dende hai uns cursos que noso cole participa no Trotacontos, conto realizado por varios colexios de Pontevedra  e sufragado polo Concello.
Neste curso o título é :Olladas de futuro e a temática é o futuro do noso planeta.
Nós, como non podía ser doutra forma, participamos.
Estivemos a falar durante un tempo,  a partires de fotografías, sobre o estado actual da Terra. Chegamos a conclusión de que non está moi coidada.
Despois, partindo da canción Unha mensaxe da Terra, do CD Paio e o poder da música de Oviravai, fixemos esta representación plástica.
Deixamos as aportacións dos compañeiros e compañeiras doutros cursos
 5º de Ed. Infantil

6º de Ed.Infantil
1ª de primaria

1ª de Primaria


Ningún comentario:

Publicar un comentario