Qué será? A verdade é que deunos un pouco de medo porque parecíanos que dentro se movía algo.
Acercámonos con coidado e Sabela, a encargada, quitou a tapa.
Isto que é? Nada, xornais.
Temos que seguir investigando. Quen quita os xornais?
Traballando con valentía descubrimos que agochado no fondo, e morto de medo estaba...
Alecrín!!!
Alecrín contounos unha chea de cousas, entre outras, que non sabía que facía na clase e que un monstro máis grande o metera nunha caixa e veu parar eiquí. Agora xa non sabe voltar a súa casa así que decidimos adoptalo e vaise quedar con nós para sempre.
Todos queremos levalo a casa así que entre todos decidimos que cada fin de semana iría a casa de un neno ou nena .
Estamos moi contentos con o noso novo amigo .
O primeiro que fixemos foi sacalo a pasear e presentámolo a outros nenos e profes do cole.
Familias, estades preparados para coidar de Alecrín?
Ningún comentario:
Publicar un comentario