mércores, 12 de febreiro de 2020

Xogamos cos av@s. Hada

Agora tocoulle o turno a Ángel, o avó de Hada.

Ángel contounos moitas cousas e unha das que máis nos impresionou foi a de que non tiñan xoguetes na casa, non había cartos, e os nenos  da súa época  facíanos eles mesmos
 Á escola trouxo o aro que el mesmo fixo para mostrarnos.


Despois falounos dos cromos  e do sistema que tiñan para gañalos. Tiraban os cromos dende unha determinada altura e quedábanse con todos os que quedaban por debaixo.

Moitisimaas grazas avóángel por vir á escola e compartir con nós todos os xogos.





Ningún comentario:

Publicar un comentario