Grazas a Lola e a Liam xa averiguamos como son os palillos que empregan os chineses para comer, largos e de madeira. Ademais a profe nos fixo unha demostración de como se usan, non se pincha a comida con eles, se colle. Pareceunos un pouco difícil.
Darío trouxo a bandeira
Uxía trouxo moita información sobre a vestimenta nun libro precioso feito na casa coa súa nai.
e tamén un mural onde podemos ver as diferencias físicas entre os chineses e nós.
Moi importante a información de Helena. A situación de China no mundo e a comparación do tamaño co noso. É enorme! Trouxo tamén fotos dalgúns monumentos.
Grettel ampliou a información cos animais propios do lugar.
Aquí todos vendo o mural moi interesados
O noso recanto chinés vai collendo forma. En breve publicaremos as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario