Na nota que estaba dentro Rufiño explicábanos que nas vacacións do Nadal estivera na China e como nos ten moito aprezo nos traía unhas cousiñas.
Fomos sacando os regaliños:
- bolsiña de arroz
- tamgram
- brúxula
Todo isto deunos pé para falar da China e comprobar o que sabíamos.
O primeiro que as profes nos preguntaron foi : que é China ?
- Manuel dixo que estaba moi lonxe
- Uxia L. dixo que perto da súa casa había un chino e que se compraban alí os xoguetes.
- Laura dixo que tiña uns veciños que falaban chino.
Despois nos preguntaron porque Rufiño nos traía eses regalos. A verdade é que non sabíamos así que as profes dixéronos : onde podemos preguntar?.
Laura dixo que a seus pais porque son os mais listos do mundo eoutros nenos apuntaron que aá profe María e tamén ao propio Rufiño.
Quedamos en que Laura levaría a brúxula a casa para saber que era e todos os demáis preguntaríamos en casa.
E así, pouco a pouco os nenos traemos información sobre a China e xa sabemos moitas cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario