mércores, 31 de outubro de 2018

Taller de cociña.

Polo Samaínos de infantil  fixemos  un taller de cociña.
As receitas foron...

  • arañas monstruosas
  • gominolas de sangre
  • ataúdes de chocolate
  • sangre fresquita para beber.



Despois  comemos todiño, non deixamos nada


martes, 30 de outubro de 2018

Mañana...Samagosto!

  Deixamos aquí o programa  para mañán así como tamén algunha lectura recomendada.



luns, 29 de outubro de 2018

Exposición de cabazas



Como traballaron os miúdose as familis este fin de semana! Son preciosas estas cabazas!

sábado, 27 de outubro de 2018

Monstros en Samaín

Entre as moitas actividades que estamos a facer polo Samaín está o deseño de monstros terroríficos que fixemos coa profe María


Que medo!

xoves, 25 de outubro de 2018

Os recunchos

Hoxe estreamos recunchos.
Para non xogar todos xuntos e apelotonados hoxe repartímonos en recunchos. Temos 6:

Lóxica matemática: Hoxe fixemos puzles


Plástica: Hoxe plastilina


Construccións



Motricidade fina: Hoxe traballamos con palliñas e pompóns pequeniños que tiñamos que coller con pinzas

Xogo simbólico: cociña, bonecos, coches...

Biblioteca: Non hai foto (problemas técnicos)


mércores, 24 de outubro de 2018

24 de outubro: Día das Bibliotecas Escolares

Hoxe festexamos este día con unha actividade moi chula: "Apadrinamento lector".
Os nenos maiores da escola, dende terceiro ata sexto baixaron ás clases dos pequenos para leerlles un conto.
Aquí están.






martes, 23 de outubro de 2018

luns, 22 de outubro de 2018

Cumpleaños de Alba

 Hoxe celebramos no cole que Alba fixo nada máis e nada menos que 3 aniños.

Felicidades!

A nosa man

ESTE É O DEDO MENIÑO
ESTE É O SEU SOBRIÑO
ESTE É O PAI DE TODOS
ESTE É O FURABOLOS
E ESTE O ¡MATAPIOLLOS!




sábado, 20 de outubro de 2018

A casa de Rufiño

Xa vos contamos que Rufiño nos enviou unha carta para invitarnos a ir a súa casa así que alá fomos.
Moi despaciño e caladiños.
Rufiteca, a casa de Rufiño
Alí o coñecimos e o saudamos
Despois a profe María, que é moi amiga leeunos un conto, A sopa queima

Pasámolo moi e ben e díxonos Rufiño que podemos voltar cando queiramos.


xoves, 18 de outubro de 2018

Noticias da biblio

Hoxe recibimos esta carta


Estamos moi emocionados, imos coñecer a Rufiño!

martes, 9 de outubro de 2018