martes, 22 de decembro de 2020

luns, 21 de decembro de 2020

Concerto de Nadal

 Hoxe asistimos no cole a un concerto la mar de divertido organizado pola ANPA.

Bailamos e cantamos ata quedar agotados.



 Ao remate deron os premios ás mellores postais de Nadal e na nosa clase gañou.... DARÍO!


Bravo!





mércores, 16 de decembro de 2020

Veu Papanoel!

 Hoxe tivemos unha sorpresa. Papanoel, a pesar de ser persoa de risco pola súa idade, veu a escola a falar un pouquiño con todos nós.


Ver máis fotos

A árbore de Nadal

 Por fin rematamos o noso adorno! Que ben luce na árbore!






😍😍😍😍😍😍😍

luns, 14 de decembro de 2020

Ilumina a túa cidade.

 A última proposta da Biblioteca do cole foi  "Ilumina a túa cidade"

Tiñamos que escollar unha praza, estatua ou rúa e decorala por Nadal.

Aquí a nosa proposta: Glorieta de Compostela.





martes, 8 de decembro de 2020

Libro de outono

 A partir das fotos de outono e un chisco de traballo fixemos entre todos o noso libro de outono.




martes, 1 de decembro de 2020

Animais

 Como xa sabedes este curso, por mor da Covid 19,  estamos sentados en grupos de 5 nenos e nenas .

En setembro escollimos un animal representativo para cada grupo: camaleóns, golfiños, koalas, mantaraias e pingüíns e comenzamos a traballar sobre eles: buscamos información, escribimos, debuxamos, aprendemos adiviñas...un traballo moi completo que quedou así recollido nestes murais.






E agora, queredes escoitar as adiviñas? Pica aquí

Gran traballo!