mércores, 27 de abril de 2022

Islachís!

 A nai de Bruno veu ao cole a lernos este conto tan, tan divertido. Un conto cheo de...mocos!!!😂





👏👏👏👏👏👏👏

Grazas Esther!

Dia do Libro

 Con motivo do Día do  Libro tivemos no cole unha actuación moi especial. A profe Andrea trouxo á escola un dos seus espectáculos. Pasámolo fenomenal!



Despedida de Ainoa

 O venres pasado foi un día un pouquiño triste. Ainoa xa rematou as prácticas e xa ten que voltar ao cole de maiores.Para que non a esquecéramos  regaluonos a todos e todas unha bolsiña de tela para traer as merendas, unha foto e un paquetiño de chuches.

Grazas Ainoa! Volta cando queiras!







martes, 19 de abril de 2022

Proxecto Menús

 Chegouo fin do noso proxecto Menús saudables.

Aquí deixamos os últimos de Jimena e Carla





Moitas grazas familias pola axuda no proxecto. Noraboa!

martes, 12 de abril de 2022

O coelliño de Pascua

 Como todos os anos, o día anterior ás vacacións de Semana Santa, chega polo cole o coelliño de Pascua para deixarnos uns oviños de chocolate. Pero como é moi pillo non nolo pone fácil e fainos traballar. Esconde polo cole a metade dun ovo de Pascua de cartulina e nós temos que buscar a outra metade, que por detrás ten o oviño.

É unha actividade moi divertida  que nos gusta moito e ten premio.


Xa temos a metede e agora...

a buscar!


Conseguido!






Yoana fai 4 anos

Parabéns Yoana!!!!