martes, 30 de abril de 2019

Os nosos amiguiños

Imos coñecer o ciclo dos gusanos de seda.

Grazas á familia de Manuel.

luns, 29 de abril de 2019

Nova saída escolar

O pasado venres fixemos unha nova saída escolar.
Primeiro, mentreos nosos compañeiros e compañeiras ian ao Museo de Pontevedra, nós fomos ao Mercado. Alí dúas monitoras ensináronos o mercado e aprendimos o nome de moitas froitas, verduras, mariscos...





Despois reunímonos todos en A Fundación para ver unha obra de teatro con marionetas Guyi-Guyi, que, por certo encantounos

sábado, 13 de abril de 2019

O coelliño de Pascua

A profe María chegou a clase hoxe cun sobre e unha cesta.


 O coelliño de pascua estivo no cole!
Abrimos o sobre e...

Na carta o coelliño nos dicía que tiñamos que buscar no patio a metade dos ovos que estaban na cesta. E así foi. Collimos todos a nosa metade e baixamos ao patio



Buscamos, buscamos...

e atopamos!
Grazas coelliño!

Cumpleaños de Uxía

Uxía xa ten catro anos. Coma sempre fixémoslle unha pequena festa.
Parabéns!

venres, 12 de abril de 2019

Sara, volta pronto!

Hoxe foi un día de moitas emocións, despedímonos de Sara.
Sara rematou o seu periodo de prácticas e  danos  moita pena. A botaremos en falta, nós, afeitos aos seus mimos e arrumacos e a profe Belén tamén, que xa di que non sabe que fará sen ela. E non podemos esquecer as nosas familias que están afeitas a ouvir falar dela.
Deixamos momentos da despedida








Pode haber un agasallo máis bonito como recordo dos primeiros alumnos?

Gracias Sara! Volta pronto!


Contos nas orellas.

Os máis pequenos do cole disfrutaron a mañá do xoves dun obradoiro organizado polo Concello de Pontevedra para impulsar o uso da lingua galega a través de historias e da música: Contos nas orellas.
Durante 45 minutos o  grupo de teatro Migallas  cantou contos e ensinoulles aos peques xogos e ditos populares galegos.
A verdade é que pasámolo moi ben e eles quedaron encantados do ben que nos portamos e participamos.







Libro viaxeiro

As últimas aportacións.



Que marabilla!

xoves, 11 de abril de 2019

Anira e o seu pai

Hoxe foi o turno de Anira. Preparou en casa coa súa familia a representación do conto La ovejita que vino a cenar.
Ainda que a vergoña non axudou ... fixérono a mar de ben.




Ao final os lobos non son tan malos como os pintan.
Gracias Eduardo! Gracias Anira!


As sombras

Fixemos no cole unha actividade moi divertida, traballamos con sombras.

Primeiro con letras e alimentos








Despois contamos


logo imitábamos os movementos e siluetas das profes



Finalmente nós facíamos as siluetas e os demais imitábamos



Pasámolo moi ben!




mércores, 10 de abril de 2019

El erizo Mariano

Hoxe viñeron á clase os pais de Hada a contarnos un conto, El erizo Mariano.
Un conto moi interesante que nos ensinou a importancia da colaboración e da amizade.
Aquí temos  un collage con algunhas fotos do momento

Aquí deixo un video coas imaxes do conto




domingo, 7 de abril de 2019

sábado, 6 de abril de 2019

Teatro

Onte recibimos unha sorpresa,os maiores de infantil invitáronos ao teatro. Vaia sorte!






Xa vos contaremos!


mércores, 3 de abril de 2019