martes, 22 de decembro de 2020

luns, 21 de decembro de 2020

Concerto de Nadal

 Hoxe asistimos no cole a un concerto la mar de divertido organizado pola ANPA.

Bailamos e cantamos ata quedar agotados.



 Ao remate deron os premios ás mellores postais de Nadal e na nosa clase gañou.... DARÍO!


Bravo!





mércores, 16 de decembro de 2020

Veu Papanoel!

 Hoxe tivemos unha sorpresa. Papanoel, a pesar de ser persoa de risco pola súa idade, veu a escola a falar un pouquiño con todos nós.


Ver máis fotos

A árbore de Nadal

 Por fin rematamos o noso adorno! Que ben luce na árbore!






😍😍😍😍😍😍😍

luns, 14 de decembro de 2020

Ilumina a túa cidade.

 A última proposta da Biblioteca do cole foi  "Ilumina a túa cidade"

Tiñamos que escollar unha praza, estatua ou rúa e decorala por Nadal.

Aquí a nosa proposta: Glorieta de Compostela.





martes, 8 de decembro de 2020

Libro de outono

 A partir das fotos de outono e un chisco de traballo fixemos entre todos o noso libro de outono.




martes, 1 de decembro de 2020

Animais

 Como xa sabedes este curso, por mor da Covid 19,  estamos sentados en grupos de 5 nenos e nenas .

En setembro escollimos un animal representativo para cada grupo: camaleóns, golfiños, koalas, mantaraias e pingüíns e comenzamos a traballar sobre eles: buscamos información, escribimos, debuxamos, aprendemos adiviñas...un traballo moi completo que quedou así recollido nestes murais.






E agora, queredes escoitar as adiviñas? Pica aquí

Gran traballo!



 


sábado, 21 de novembro de 2020

A nosa horta

 Queredes ver a nosa horta? Hora non, mini horta.


Queredes saber que  plantamos? Pois...


cenorias


tulipáns e


allos

Traballamos moito, cavamos, fixemos buratos, botamos abono, regamos...e agora toca esperar.





Xa vos iremos contando.





sábado, 7 de novembro de 2020

Ilustracións

 Despois do marabilloso conto de Queliña, os nenos  e nenas fixeron as súas ilustracións.

Que vos parecen?


venres, 6 de novembro de 2020

Nano ten diabetes

 Hoxe ao chegar á clase tiñamos unha sorpresa. 

Estaba Queliña esperando por nós para contarnos un conto, Nano ten diabetes, unha iniciativa do Concello e da asociación  Anedia ( Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia) para que os pequenos entendamos ben esa enfermedade.

Deixamos aquí un vídeo do momento e unhas fotos de cada grupo con Nano.


Mirade que contentos con Nano


xoves, 5 de novembro de 2020

Cabazas, cabaciñas

 Este curso non foi posible facer a nosa exposición anual de cabazas pero...fixémola doutro xeito.

Grazas por participar.Po


 Se queredes ver todas as do centro picade no enlace seguinte.

domingo, 1 de novembro de 2020

Samagosto 20

Este venres celebramos no cole a festa do Samagosto. 

Dentro desta nova normalidade desfrutamos dun día diferente: comimos castañas, bailamos , xogamos...

Ao mal tempo boa cara



xoves, 29 de outubro de 2020

luns, 26 de outubro de 2020

24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares

 Para conmemorar esta data fixemos uns marcapáxinas que intercambiamos cos alumnos máis pequenos do cole, os de tres anos.


Levámosllos en bandeixa!

Deixamos aquí fotos do momento da entrega  e da recepción dos nosos.



martes, 22 de setembro de 2020

domingo, 20 de setembro de 2020

Canto tempo sen vernos!

 Xa estamos aquí! Por fin!

A pesar destes tempos tan raros, desta nova normalidade, nós seguiremos por aquí tratando de levar as vosas casas noticias  e informacións do que pasa pola nosa aula.

A nosa aula está diferente, xa non podemos circular libremente por ela, xa non podemos xogar todos xuntos, temos que estar moito tempo sentados e limpándonos as mans continuamente pero polo menos estamos no cole, botabámolo tanto en falta...

Este ano temos dous novos compañeiros, ímolos coñecer.


Somos os  maiores de infantil!

venres, 19 de xuño de 2020

xoves, 28 de maio de 2020

Reto artístico

Recordades o reto artístico?
Quedou fantástico!
 Grazas a todos os/as participantes.

Proposta da profe Alba

luns, 25 de maio de 2020

Os caracois

Darío fixo este proxecto maravilloso sobre os caracois e quere compartilo con todos nós.
Está moi pero que moi ben.




Grazas Darío! Está fantástico!

domingo, 17 de maio de 2020

Feliz Día das Letras Galegas!

Este ano adicado a Ricardo Carvalho Calero.


O dito, Feliz Día!

xoves, 14 de maio de 2020

Pois iso, que onte pola noite descubrimos un caracol na velux, non sabemos cómo foi parar ahí porque está moi alta, pero ahí estaba o animaliño chupando o cristal.

Nunca antes viramos un caracol desde esta perspectiva, nin lle viramos a boca, e como estaba a criatura chupando do cristal tan contento, decidimos retratalo para que todos o vexan coma nós.

Un saúdo, espero que che guste!

Grazas Darío por compartir con todos nós!

Tempo para todo

Este días estivemos moi ocupados.... lin moitos contos, traballei cos animáis da granxa, fixemos galletas, paseamos polo monte e ata toquei a gaita!!

Momentos de Hada




martes, 12 de maio de 2020

A primavera de Grettel

 Ainda que na primavera tamén hai tempo para o traballo e os paseos.






luns, 11 de maio de 2020

Hugo e os animais da granxa

Hugo ten moita sorte, la casa dos avós ten moitos animais para coidar e xogar.


A primavera de Sabela

Chegou a primavera e Sabela ponse a pintar.





xoves, 7 de maio de 2020