venres, 21 de febreiro de 2020

Somos Lego!

Xa que o tema a traballar por todo o centro e o xogo....nós fixemos este disfraz tan chulo e vistoso. Ademáis fixémolo todo soliños.
 Fotos


xoves, 20 de febreiro de 2020

Os mandados de Rufiño

Recordades as ordes de Rufiño? Nós as cumplimos moi ben.
 O luns....calcetíns por fora dos pantalóns.
O martes algo na cabeza
O mércores algo no pescozo
O xoves coa parte  de arriba do pixama
Que ben mandadiños somos.!

luns, 17 de febreiro de 2020

O cumple de Uxía

Parabéns!

As bonecas de trapo da avoa de Helena

A avoa de Helena estivo o venres no cole para contarnos como xogaba de pequena.


Díxonos que non tiña cartos na súa casa para mercar xoguetes, así que como todos os av@s que estiveron no cole, tiraba da imaxinación e facía estas maravillosas bonecas de trapao.


  Simplemente con unha toalla, un trapo e unha chaqueta. Moi sinxelo de facer.







Grazas avoa!

domingo, 16 de febreiro de 2020

Os avós e avoas de Saraiva

Este martes tivemos unha visita moi especial. Antonio, Adolfo, Pilar y Pura, do Centro de Maiores de Saraiva en Poio, acercáronse á escola para falar da súa infancia e dos seus xogos.

Contáronos cousas moi curiosas. Antonio explicounos como facían as pelotas con calcetíns vellos que enchían de trapos, Adolfo non xogaba, tiña que traballar para axudar a súa familia, Pura facía con trapos as bonencas e Pilar xogaba ás casitas con  anacos de platos, pedras e herbas. O que está claro e que empregaban moito a súa imaxinación.

Para rematar a sesión xogamos con eles a lanzar sacos de tela con area dentro, xogo que tamén eles xogaban de pequenos.


Despedíronswe de nós e déronos un agasallo feito por eles mesmos .


Grazas av@s por dedicarnos o voso tempo.

mércores, 12 de febreiro de 2020

O Entroido chega

Se no entroido queres disfrutar
as ordes de Rufiño terás que acatar








Helena cumple 5!


Xogamos cos av@s. Hada

Agora tocoulle o turno a Ángel, o avó de Hada.

Ángel contounos moitas cousas e unha das que máis nos impresionou foi a de que non tiñan xoguetes na casa, non había cartos, e os nenos  da súa época  facíanos eles mesmos
 Á escola trouxo o aro que el mesmo fixo para mostrarnos.


Despois falounos dos cromos  e do sistema que tiñan para gañalos. Tiraban os cromos dende unha determinada altura e quedábanse con todos os que quedaban por debaixo.

Moitisimaas grazas avóángel por vir á escola e compartir con nós todos os xogos.





sábado, 1 de febreiro de 2020

Xogamos cos av@s.

Hoxe tivemos outra visita especial, nada máis e nada menos que a avoa de Hada.


A avoa de Hada contounos cousas moi curiosas como por exemplo que cando ela era nena ía a un cole so de nenas, os nenos ían a outro e non xogaban xuntos. Ademais no seu cole so había unha clase e estaban todas as nenas xuntas, pequenas e maiores.
 a que xogaba avoa?

  •  Xogaba a corda


Un cocherito leré
me dijo anoche leré
si yo quería leré 
montar en coche leré

y yo le dije leré
con gran salero leré
no quiero coche leré
que me mareo leré

El nombre de María
que 5 letras tiene
la M, la A, la R, la I, la A
MARÍA

  • Xogos de mans

El señor alacalde
tipití, tipitó
se fue a la guerra
tipití, tipitó

  • Xogos de dedos


Un niño de cascabulliño
con sete cotelos á porta de niño
un niñón por un niñón
salta ti capón
vaite esconder a detrás da igrexa de San Miguel
Calle tira pa buscar
para comer o xantar
Rabo de boi
rabo de besta
dixo meu pai que saira ésta.