martes, 12 de xaneiro de 2021

Viñeron os Reis Magos!!!

 O día 8 chegamos á clase moi contentos esperando atopar un regaliño dos Reis Magos pero non, non atopamos nada. Será que nos portamos mal? Será que non fomos moio bos?😟

Pois non, o que pasou  foi que co maldito Covid houbo retrasos na entrega. A media mañá  chegou á clase un paquetiño de sobres.😅

O primeiro sobre tiña dentro unha carta dos Reis , carta que algúns compañeiros encargáronse de ler aos demais.

Pois mans á obra! A traballar!
E aquí tendes aos nenos e nenas traballando ben duro para conseguir o regalo.
Abrimos o sobre, lemos e resolvemos a adiviña.
Traballamos todos xuntos para resolver o enigma
e...enigma resolto!!!!👏
 E agora xa podemos abrir o noso regalo



Grazas Reis Magos!!!!