mércores, 30 de xuño de 2021

Bo verán!

 Ata sempre amiguiños! Vémonos en setembro!



mércores, 23 de xuño de 2021

mércores, 16 de xuño de 2021

Festival de Teatro.

 Hoxe como actividade fin de curso e fin de ciclo representamos dúas obras de teatro basadas en contos que lemos na clase.

 

Despois fixemos a invitación para o noso público, os máis peques do cole



Queredes ver o festival?


Primeiro o reparto estelar







Un aplauso por favor!!!!!

martes, 15 de xuño de 2021

Misión Liberamos a Alecrín.

 O luns chegamos ao cole e...

                😱😱😱😱😱😱😱😱😱


...atopamos a Alecrín enredado na tea da araña Timotea.!!!

Resulta que esta araña apresou ao noso amigo e nunha carta pídenos que resolvamos unha serie de pistas. Dinos que se o facemos  ben  liberará a Alecrín do contrario desaparecerá para sempre.

Decidimos axudar ao noso amigo e puxémonos mans á obra.


A pista 1 foi un puzle que nos mandaba a buscar a pista 2 agochada polo cole.


Pista 2. resolver un xeroglífico que nos indicaba o lugar onde estaba a pista 3.







Pista 3. Temos que contar un montón de bichiños. Como o fixemos moi ben a araña deixounos unha pegatina indicando o lugar onde estaba a 4.


Estamos a facelo moi ben. Mañá resolveremos  a 4 . esperamos liberar a Alecrín.


A pista 4 mandounos investigar. Tivemos que buscar a algúns profes do cole e facerlle unhas preguntas.
Por suposto quedou todo resolto.

Á volta do patio a araña Timotea deixounos  unha nota dicindo que xa podíamos liberar a Alecrín.







Pero non acabou aquí a cousa, o venres chegou un paquete por correo ordinario. Era un regalo de Alecrín para todos nós polo esforzo  realizado para liberalo.






luns, 7 de xuño de 2021

Granxa Kiriko

 O venres 4  marchamos á Granxa Kiriko. Por fin o covid deíxanos facer algunha cousa.

Queredes ver o ben que o pasamos?

Imos aló!

No bus


Chegada. Coñecemos ao galo Kiriko


Paseo polo bosque 


Xogando cos animais.




Que fame...


Ata pronto!