mércores, 30 de xaneiro de 2019

Facémonos maiores

Os miudiños son moi maiores xa. Grettel é a primeira en cumprir 4 anos .



Felicidades Grettel!

Libro Viaxeiro

Seguimos coñecendo aos nosos miudiños. Ánxela e Emma




sábado, 26 de xaneiro de 2019

Proxecto China VI

Anira trouxo información sobre o horóscopo chino


 Emma sobre as moedas e billetes . Estivemos a comparar coas nosas e parécense un chisco


Maravillosos abanicos chinos feitos en  Campañó de Ángel


Tomamos un té? Agora grazas a Marina xa sabemos os tipos de té e asconsecuencias que teñen no noso organismo.


martes, 22 de xaneiro de 2019

Proxecto China V

Grazas a Lola e a Liam xa averiguamos como son os palillos que empregan os chineses para comer, largos e de madeira. Ademais  a profe nos fixo unha demostración de como se usan, non se pincha a comida con eles, se colle. Pareceunos un pouco difícil.




Darío trouxo a bandeira


Uxía trouxo moita información sobre a vestimenta nun libro precioso feito na casa coa súa nai.


e tamén un mural onde podemos ver as diferencias físicas entre os chineses e nós.


Moi importante a información de Helena. A situación de China no mundo e a comparación do tamaño co noso. É enorme! Trouxo tamén fotos dalgúns monumentos.


Grettel ampliou a información cos animais propios do lugar.




Aquí todos vendo o mural moi interesados

O noso recanto chinés vai collendo forma. En breve publicaremos as fotos.

sábado, 19 de xaneiro de 2019

Libro viaxeiro

Continuamos coas novas entregas do libro viaxeiro.
Antes do Nadal fora o turno de Uxía Lores . Esta é a súa aportación




E a primeira despois do Nadal foi Ánxela



venres, 18 de xaneiro de 2019

xoves, 17 de xaneiro de 2019

Proxecto China IV

O dragón chino, símbolo de poder.

Así de contenta estaba Gabriela con su dragón e Lola resolvió as nosas dudas sobre o tamaño dos palillos. Non, non son como os que temos nas casas ou nos bares. Son mais grandes.

Seguimos aprendiendo

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Proxecto China III

Os primeiros en traer información foron:

Pablo: Falounos un pouquiño dos osos pandas con axuda do seu peluche . O oso panda é o animal favorito dos chineses.
Darío: Trouxo un pequeno mural cuns símbolos moi raros. Explicounos que eran as letras e os números dos chineses, que non teñen nada que ver cos nosos.


Sabrina  e os seus farolillos.Son pequena lanternas para alumear e tamén son para decorar. As fixo coa sua nai.

Ánxela e as galletas da fortuna. Trouxo galletas típicas dos restaurantes chineses. Estas galletas teñen a caracterítica de que dentro teñén un papeliño con desexos escritos.



As frases ou desexos.
Grazas a todos pola vosa colaboración. Estamos aprendendo moitísimo.

Proxecto China II

Ao día seguinte  Laura explicounos perfectamente que o que levara a casa era unha brúxula, aparato inventado hai moto tempo polos chineses, que serve para orientarse.

e Uxía L. dixo que os chinese tiñan os ollos así


Anira comentou que na casa lle dixeran que os chineses comen arroz con palillos, non usan garfo, pero non sabemos como son eses palillos ¿serán como os nosos?

Seguimos à procura de información.


martes, 15 de xaneiro de 2019

Proxecto China

O mèrcores a profe María baixou da Rufiteca ( casa de Rufiño) un agasallo para nós .


Na nota que estaba dentro Rufiño explicábanos que nas vacacións do Nadal estivera na China e como nos ten moito aprezo nos traía unhas cousiñas.
Fomos sacando os regaliños:

  • bolsiña de arroz
  • tamgram
  • brúxula
 Todo isto deunos pé para falar da China e comprobar o que sabíamos.

O primeiro que as profes nos preguntaron foi : que é China ?
  • Manuel dixo que estaba moi lonxe
  • Uxia L. dixo que perto da súa casa había un chino e que se compraban alí os xoguetes.
  • Laura dixo que tiña uns veciños que falaban chino.
 Despois nos preguntaron  porque Rufiño nos traía eses regalos. A verdade é que non sabíamos  así que as profes dixéronos : onde podemos preguntar?
Laura dixo que a seus pais porque son os mais listos do mundo  eoutros nenos apuntaron que aá profe María e tamén ao propio Rufiño.
Quedamos en que Laura levaría a brúxula a casa para saber que era e todos os demáis preguntaríamos en casa.
E así, pouco a pouco os nenos traemos información sobre a China e xa sabemos moitas cousas.




martes, 8 de xaneiro de 2019

Sorpresa!

Hoxe chegamos á escola e.....Sorpresa!
Enriba dun armario atopamos un paquete. Non era de Sara nin de Belén.


O paquete era para nós, así que abrímolo e dentro atopamos unha carta.

Como ainda non sabemos ler, a profe  o fixo por nós


Que ben! Era un regalo dos Reis Magos. Dentro había moitos contos para a nosa biblioteca de aula.