martes, 15 de xaneiro de 2019

Proxecto China

O mèrcores a profe María baixou da Rufiteca ( casa de Rufiño) un agasallo para nós .


Na nota que estaba dentro Rufiño explicábanos que nas vacacións do Nadal estivera na China e como nos ten moito aprezo nos traía unhas cousiñas.
Fomos sacando os regaliños:

  • bolsiña de arroz
  • tamgram
  • brúxula
 Todo isto deunos pé para falar da China e comprobar o que sabíamos.

O primeiro que as profes nos preguntaron foi : que é China ?
  • Manuel dixo que estaba moi lonxe
  • Uxia L. dixo que perto da súa casa había un chino e que se compraban alí os xoguetes.
  • Laura dixo que tiña uns veciños que falaban chino.
 Despois nos preguntaron  porque Rufiño nos traía eses regalos. A verdade é que non sabíamos  así que as profes dixéronos : onde podemos preguntar?
Laura dixo que a seus pais porque son os mais listos do mundo  eoutros nenos apuntaron que aá profe María e tamén ao propio Rufiño.
Quedamos en que Laura levaría a brúxula a casa para saber que era e todos os demáis preguntaríamos en casa.
E así, pouco a pouco os nenos traemos información sobre a China e xa sabemos moitas cousas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario