mércores, 12 de febreiro de 2020

Xogamos cos av@s. Hada

Agora tocoulle o turno a Ángel, o avó de Hada.

Ángel contounos moitas cousas e unha das que máis nos impresionou foi a de que non tiñan xoguetes na casa, non había cartos, e os nenos  da súa época  facíanos eles mesmos
 Á escola trouxo o aro que el mesmo fixo para mostrarnos.


Despois falounos dos cromos  e do sistema que tiñan para gañalos. Tiraban os cromos dende unha determinada altura e quedábanse con todos os que quedaban por debaixo.

Moitisimaas grazas avóángel por vir á escola e compartir con nós todos os xogos.





sábado, 1 de febreiro de 2020

Xogamos cos av@s.

Hoxe tivemos outra visita especial, nada máis e nada menos que a avoa de Hada.


A avoa de Hada contounos cousas moi curiosas como por exemplo que cando ela era nena ía a un cole so de nenas, os nenos ían a outro e non xogaban xuntos. Ademais no seu cole so había unha clase e estaban todas as nenas xuntas, pequenas e maiores.
 a que xogaba avoa?

  •  Xogaba a corda


Un cocherito leré
me dijo anoche leré
si yo quería leré 
montar en coche leré

y yo le dije leré
con gran salero leré
no quiero coche leré
que me mareo leré

El nombre de María
que 5 letras tiene
la M, la A, la R, la I, la A
MARÍA

  • Xogos de mans

El señor alacalde
tipití, tipitó
se fue a la guerra
tipití, tipitó

  • Xogos de dedos


Un niño de cascabulliño
con sete cotelos á porta de niño
un niñón por un niñón
salta ti capón
vaite esconder a detrás da igrexa de San Miguel
Calle tira pa buscar
para comer o xantar
Rabo de boi
rabo de besta
dixo meu pai que saira ésta.

venres, 31 de xaneiro de 2020

Dia da Paz.

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos  o Día da Paz. Saímos todo o cole ao patio e cantamos unha canción todos xuntos.

Pero antes de isto estivemos toda a semana a traballar  para facer un decálogo sobre como xogar en paz, 10 normas básicas para conseguilo.

Unha vez feito o decálogo con todas as clases de infantil, levámolo ao mural de todo o centro.


xoves, 30 de xaneiro de 2020

Cumpleanos de Grettel.

A maior da clase fixo 5!




Parabéns Grettel!

martes, 28 de xaneiro de 2020

Xogamos cos av@s.

Iniciamos o proxecto deste ano Xogamos con nosos av@s coa axuda da familia de Manuel.
Viñeron Marcial y Dalia a explicarnos un montón de xogos de cuando eles eran nenos.

Dalia, a avoa de Manuel tiña un saco sen fondo e  de aí sacou...

  • Goma para saltar

Don Melitón 
tenía tres gatos
y los hacía bailar en un plato
y por la noche les daba turrén
que vivan los gatos de Don Melitón
  • Chapas

  • Canicas

  • Corda
  • O xogo da pita cega

Finalmente o avó Marcial fixo bailar o trompo


Pasámolo xenial. Gustouno moitísimo esta clase de xogos.

Gracias Marcial! Gracias Dalia!

xoves, 9 de xaneiro de 2020

Regalos de Reis

Este ano puidemos levar á clase un regalo dos moitos que os Reis Magos deixaron nas casas.
Que felicidade!

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Novos contos por Nadal

Ao chegar ao cole..... un regaliño estaba agardando por nós.




Vaia sorpresa! Os Reis Magos acordáronse de nós.