Parabéns!
luns, 17 de febreiro de 2020
As bonecas de trapo da avoa de Helena
A avoa de Helena estivo o venres no cole para contarnos como xogaba de pequena.
Díxonos que non tiña cartos na súa casa para mercar xoguetes, así que como todos os av@s que estiveron no cole, tiraba da imaxinación e facía estas maravillosas bonecas de trapao.
Simplemente con unha toalla, un trapo e unha chaqueta. Moi sinxelo de facer.
Díxonos que non tiña cartos na súa casa para mercar xoguetes, así que como todos os av@s que estiveron no cole, tiraba da imaxinación e facía estas maravillosas bonecas de trapao.
Simplemente con unha toalla, un trapo e unha chaqueta. Moi sinxelo de facer.
Grazas avoa!
domingo, 16 de febreiro de 2020
Os avós e avoas de Saraiva
Este martes tivemos unha visita moi especial. Antonio, Adolfo, Pilar y Pura, do Centro de Maiores de Saraiva en Poio, acercáronse á escola para falar da súa infancia e dos seus xogos.
Contáronos cousas moi curiosas. Antonio explicounos como facían as pelotas con calcetíns vellos que enchían de trapos, Adolfo non xogaba, tiña que traballar para axudar a súa familia, Pura facía con trapos as bonencas e Pilar xogaba ás casitas con anacos de platos, pedras e herbas. O que está claro e que empregaban moito a súa imaxinación.
Para rematar a sesión xogamos con eles a lanzar sacos de tela con area dentro, xogo que tamén eles xogaban de pequenos.
Despedíronswe de nós e déronos un agasallo feito por eles mesmos .
Grazas av@s por dedicarnos o voso tempo.
mércores, 12 de febreiro de 2020
Xogamos cos av@s. Hada
Agora tocoulle o turno a Ángel, o avó de Hada.
Ángel contounos moitas cousas e unha das que máis nos impresionou foi a de que non tiñan xoguetes na casa, non había cartos, e os nenos da súa época facíanos eles mesmos
Á escola trouxo o aro que el mesmo fixo para mostrarnos.
Despois falounos dos cromos e do sistema que tiñan para gañalos. Tiraban os cromos dende unha determinada altura e quedábanse con todos os que quedaban por debaixo.
Moitisimaas grazas avóángel por vir á escola e compartir con nós todos os xogos.
sábado, 1 de febreiro de 2020
Xogamos cos av@s.
Hoxe tivemos outra visita especial, nada máis e nada menos que a avoa de Hada.
A avoa de Hada contounos cousas moi curiosas como por exemplo que cando ela era nena ía a un cole so de nenas, os nenos ían a outro e non xogaban xuntos. Ademais no seu cole so había unha clase e estaban todas as nenas xuntas, pequenas e maiores.
a que xogaba avoa?
A avoa de Hada contounos cousas moi curiosas como por exemplo que cando ela era nena ía a un cole so de nenas, os nenos ían a outro e non xogaban xuntos. Ademais no seu cole so había unha clase e estaban todas as nenas xuntas, pequenas e maiores.
a que xogaba avoa?
- Xogaba a corda
Un cocherito leré
me dijo anoche leré
si yo quería leré
montar en coche leré
y yo le dije leré
con gran salero leré
no quiero coche leré
que me mareo leré
El nombre de María
que 5 letras tiene
la M, la A, la R, la I, la A
MARÍA
- Xogos de mans
El señor alacalde
tipití, tipitó
se fue a la guerra
tipití, tipitó
Un niño de cascabulliño
con sete cotelos á porta de niño
un niñón por un niñón
salta ti capón
vaite esconder a detrás da igrexa de San Miguel
Calle tira pa buscar
para comer o xantar
Rabo de boi
rabo de besta
dixo meu pai que saira ésta.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
A nai de Bruno veu ao cole a lernos este conto tan, tan divertido. Un conto cheo de...mocos!!! 😂 👏👏👏👏👏👏👏 Grazas Esther!
-
Hai tempo que Sabela non ven ao cole porque esta malita pero o mércores fixo un esforzo e veu acompañada de Marta, unha amiga da sua nai que...






