Este curso non foi posible facer a nosa exposición anual de cabazas pero...fixémola doutro xeito.
Grazas por participar.Po
Este curso non foi posible facer a nosa exposición anual de cabazas pero...fixémola doutro xeito.
Grazas por participar.Po
Este venres celebramos no cole a festa do Samagosto.
Dentro desta nova normalidade desfrutamos dun día diferente: comimos castañas, bailamos , xogamos...
Ao mal tempo boa cara
Para conmemorar esta data fixemos uns marcapáxinas que intercambiamos cos alumnos máis pequenos do cole, os de tres anos.
Levámosllos en bandeixa!
Deixamos aquí fotos do momento da entrega e da recepción dos nosos.
Xa estamos aquí! Por fin!
A pesar destes tempos tan raros, desta nova normalidade, nós seguiremos por aquí tratando de levar as vosas casas noticias e informacións do que pasa pola nosa aula.
A nosa aula está diferente, xa non podemos circular libremente por ela, xa non podemos xogar todos xuntos, temos que estar moito tempo sentados e limpándonos as mans continuamente pero polo menos estamos no cole, botabámolo tanto en falta...
Este ano temos dous novos compañeiros, ímolos coñecer.