venres, 6 de novembro de 2020

Nano ten diabetes

 Hoxe ao chegar á clase tiñamos unha sorpresa. 

Estaba Queliña esperando por nós para contarnos un conto, Nano ten diabetes, unha iniciativa do Concello e da asociación  Anedia ( Asociación de nenos e nenas con diabetes de Galicia) para que os pequenos entendamos ben esa enfermedade.

Deixamos aquí un vídeo do momento e unhas fotos de cada grupo con Nano.


Mirade que contentos con Nano


xoves, 5 de novembro de 2020

Cabazas, cabaciñas

 Este curso non foi posible facer a nosa exposición anual de cabazas pero...fixémola doutro xeito.

Grazas por participar.Po


 Se queredes ver todas as do centro picade no enlace seguinte.

domingo, 1 de novembro de 2020

Samagosto 20

Este venres celebramos no cole a festa do Samagosto. 

Dentro desta nova normalidade desfrutamos dun día diferente: comimos castañas, bailamos , xogamos...

Ao mal tempo boa cara



xoves, 29 de outubro de 2020

luns, 26 de outubro de 2020

24 de outubro. Día das Bibliotecas Escolares

 Para conmemorar esta data fixemos uns marcapáxinas que intercambiamos cos alumnos máis pequenos do cole, os de tres anos.


Levámosllos en bandeixa!

Deixamos aquí fotos do momento da entrega  e da recepción dos nosos.



martes, 22 de setembro de 2020

domingo, 20 de setembro de 2020

Canto tempo sen vernos!

 Xa estamos aquí! Por fin!

A pesar destes tempos tan raros, desta nova normalidade, nós seguiremos por aquí tratando de levar as vosas casas noticias  e informacións do que pasa pola nosa aula.

A nosa aula está diferente, xa non podemos circular libremente por ela, xa non podemos xogar todos xuntos, temos que estar moito tempo sentados e limpándonos as mans continuamente pero polo menos estamos no cole, botabámolo tanto en falta...

Este ano temos dous novos compañeiros, ímolos coñecer.


Somos os  maiores de infantil!