mércores, 24 de febreiro de 2021

24 de Febreiro, Día de Rosalía

 


"Ora, meu meniño, ora,
¿qué vos ha de dar a teta,
si túa nai vai no muíño,
e teu pai na leña seca?
Eu cha dera, miña xoia,
con mil amores cha dera,
hastra rebotar, meu santo,
hastra que máis non quixeras,
hastra verte dormidiño
con esa boca tan feita,

martes, 9 de febreiro de 2021

Entroido 21

 


Primeiro día....Capas!!!!




Segundo día...Bufandas!


Terceiro día... delantais


Cuarto día... calcetíns


Quinto día...todo o anterior máis o sombreiro


Menudos modelos que temos na clase! Marabillosos e marabillosas!

martes, 2 de febreiro de 2021

Día da Paz.

 Para acompañar o fantástico mural da Paz que fixemos entre todo o alumnado do cole nós fixemos esta decoración na nosa porta: Globos cargados de menxases de paz.




martes, 12 de xaneiro de 2021

Viñeron os Reis Magos!!!

 O día 8 chegamos á clase moi contentos esperando atopar un regaliño dos Reis Magos pero non, non atopamos nada. Será que nos portamos mal? Será que non fomos moio bos?😟

Pois non, o que pasou  foi que co maldito Covid houbo retrasos na entrega. A media mañá  chegou á clase un paquetiño de sobres.😅

O primeiro sobre tiña dentro unha carta dos Reis , carta que algúns compañeiros encargáronse de ler aos demais.

Pois mans á obra! A traballar!
E aquí tendes aos nenos e nenas traballando ben duro para conseguir o regalo.
Abrimos o sobre, lemos e resolvemos a adiviña.
Traballamos todos xuntos para resolver o enigma
e...enigma resolto!!!!👏
 E agora xa podemos abrir o noso regalo



Grazas Reis Magos!!!!


martes, 22 de decembro de 2020

luns, 21 de decembro de 2020

Concerto de Nadal

 Hoxe asistimos no cole a un concerto la mar de divertido organizado pola ANPA.

Bailamos e cantamos ata quedar agotados.



 Ao remate deron os premios ás mellores postais de Nadal e na nosa clase gañou.... DARÍO!


Bravo!





mércores, 16 de decembro de 2020

Veu Papanoel!

 Hoxe tivemos unha sorpresa. Papanoel, a pesar de ser persoa de risco pola súa idade, veu a escola a falar un pouquiño con todos nós.


Ver máis fotos