mércores, 12 de maio de 2021

xoves, 29 de abril de 2021

venres, 23 de abril de 2021

23 de Abril, Día do Libro

 Hoxe é o día do libro e no cole fixemos varias actividades.

A primeira foi un libro colaborativo onde participamos todo o cole. Os nenos e nenas de primaria crearon o conto e os máis pequeniños fixemos de ilustradores. Os profes puxeron  a súa voz.

Aquí deixamos a versión para infantil.



O mellor de todo é que levamos para casa un exemplar do conto por familia. 

A segunda actividade  fixémola hoxe na hora do conto. Tivemos que pintar por grupos as nosas persoaxes de conto favoritas: pepa pig, sirenita, Rapunzel, Carapuchiña, o lobo...







Estes son os traballos, Seredes quen de atopar os debuxos dos vosos fillos/as?






Fabulosos!




martes, 13 de abril de 2021

domingo, 28 de marzo de 2021

Na procura dos ovos

 O venres  recibimos unha carta do coelliño de Pascua. Nela explicaba que deixara escondidos polo patio uns ovos  de chocolate e que debíamos recollelos. Así o fixemos.










Ver máis fotos



Arte e reciclaxe

 Como sabedes este curso o proxecto do centro e A reciclaxe e nós despois de aprender acerca da reciclaxe de residuos decidimos emplear o material para facer arte.

Primeiro estivemos a coñecer e observar as obras dun artista urbano chamado Bordalo II e a continuación puxémonos mans á obra e fixemos as nosas obras.

Aquí está o noso traballo, agora xa sabedes porque necesitábamos tanto material para reciclar.😉

Pouco  a pouco clasificamos material, buscamos as pezas adecuadas para a nosa obra, cortamos, pegamos, pintamos con spray e...






Finalmente....