mércores, 12 de decembro de 2018

As árbores de Rufiño

O outro día recibimos na clase unha mensaxe de Rufiño onde nos pedía que lle axudáramos a facer unha árbore de Nadal.
El non quería unha árbore coma todas, el quería unha árbore poeta.
Nos non sabíamos que era iso así que tivo que explicar. Quería facer unha árbore coas nosas mans, pintadas ou decoradas de cor verde e en cada unha delas quería unha palabra relacionada coas festas que están a chegar.


Cando tivemos todo feito subimos a Rufiteca e deixamos nunha caixa todas as mans. Púxose moi contento.




Hoxe pola mañán tiñamos outra mensaxe, xa estaban as nosas árbores!



Sabemos pola profe María que Rufiño está contentísimo, ten a súa casa ben decorada.
Bo Nadal Rufiño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario