mércores, 12 de decembro de 2018

As árbores de Rufiño

O outro día recibimos na clase unha mensaxe de Rufiño onde nos pedía que lle axudáramos a facer unha árbore de Nadal.
El non quería unha árbore coma todas, el quería unha árbore poeta.
Nos non sabíamos que era iso así que tivo que explicar. Quería facer unha árbore coas nosas mans, pintadas ou decoradas de cor verde e en cada unha delas quería unha palabra relacionada coas festas que están a chegar.


Cando tivemos todo feito subimos a Rufiteca e deixamos nunha caixa todas as mans. Púxose moi contento.




Hoxe pola mañán tiñamos outra mensaxe, xa estaban as nosas árbores!



Sabemos pola profe María que Rufiño está contentísimo, ten a súa casa ben decorada.
Bo Nadal Rufiño!

martes, 11 de decembro de 2018

Actividades no Nadal

Xa chega Nadal e non paramos de traballar para adornar a clase e o cole.
O primeiro que fixemos foi un adorno para a árbore que está na entrada. Como somos pequenos fixemos unha espiral de cartulina que decoramos con gel de purpurina.
Aquí estamos.



luns, 10 de decembro de 2018

Cumple de Emma

Ahora sí, ahora ya todos tenemos 3 años.


Felicidades Emma!

domingo, 9 de decembro de 2018

Xa chega o nadal

Para iniciar o tema do nadal, as nais de Hada e de Mauro ( compañeiro de 5 anos) prepararon un conto.
Deixamos as fotos para que vexades  a actividade.



Despois do conto prepararon unha canción  e fixeronos bailar.






Libro viaxeiro II

Novas entregas do  noso libro viaxeiro.
Agora é o turno de Lola e de Darío.








sábado, 1 de decembro de 2018