sábado, 19 de xaneiro de 2019

Libro viaxeiro

Continuamos coas novas entregas do libro viaxeiro.
Antes do Nadal fora o turno de Uxía Lores . Esta é a súa aportación




E a primeira despois do Nadal foi Ánxela



venres, 18 de xaneiro de 2019

xoves, 17 de xaneiro de 2019

Proxecto China IV

O dragón chino, símbolo de poder.

Así de contenta estaba Gabriela con su dragón e Lola resolvió as nosas dudas sobre o tamaño dos palillos. Non, non son como os que temos nas casas ou nos bares. Son mais grandes.

Seguimos aprendiendo

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Proxecto China III

Os primeiros en traer información foron:

Pablo: Falounos un pouquiño dos osos pandas con axuda do seu peluche . O oso panda é o animal favorito dos chineses.
Darío: Trouxo un pequeno mural cuns símbolos moi raros. Explicounos que eran as letras e os números dos chineses, que non teñen nada que ver cos nosos.


Sabrina  e os seus farolillos.Son pequena lanternas para alumear e tamén son para decorar. As fixo coa sua nai.

Ánxela e as galletas da fortuna. Trouxo galletas típicas dos restaurantes chineses. Estas galletas teñen a caracterítica de que dentro teñén un papeliño con desexos escritos.



As frases ou desexos.
Grazas a todos pola vosa colaboración. Estamos aprendendo moitísimo.

Proxecto China II

Ao día seguinte  Laura explicounos perfectamente que o que levara a casa era unha brúxula, aparato inventado hai moto tempo polos chineses, que serve para orientarse.

e Uxía L. dixo que os chinese tiñan os ollos así


Anira comentou que na casa lle dixeran que os chineses comen arroz con palillos, non usan garfo, pero non sabemos como son eses palillos ¿serán como os nosos?

Seguimos à procura de información.


martes, 15 de xaneiro de 2019

Proxecto China

O mèrcores a profe María baixou da Rufiteca ( casa de Rufiño) un agasallo para nós .


Na nota que estaba dentro Rufiño explicábanos que nas vacacións do Nadal estivera na China e como nos ten moito aprezo nos traía unhas cousiñas.
Fomos sacando os regaliños:

  • bolsiña de arroz
  • tamgram
  • brúxula
 Todo isto deunos pé para falar da China e comprobar o que sabíamos.

O primeiro que as profes nos preguntaron foi : que é China ?
  • Manuel dixo que estaba moi lonxe
  • Uxia L. dixo que perto da súa casa había un chino e que se compraban alí os xoguetes.
  • Laura dixo que tiña uns veciños que falaban chino.
 Despois nos preguntaron  porque Rufiño nos traía eses regalos. A verdade é que non sabíamos  así que as profes dixéronos : onde podemos preguntar?
Laura dixo que a seus pais porque son os mais listos do mundo  eoutros nenos apuntaron que aá profe María e tamén ao propio Rufiño.
Quedamos en que Laura levaría a brúxula a casa para saber que era e todos os demáis preguntaríamos en casa.
E así, pouco a pouco os nenos traemos información sobre a China e xa sabemos moitas cousas.




martes, 8 de xaneiro de 2019

Sorpresa!

Hoxe chegamos á escola e.....Sorpresa!
Enriba dun armario atopamos un paquete. Non era de Sara nin de Belén.


O paquete era para nós, así que abrímolo e dentro atopamos unha carta.

Como ainda non sabemos ler, a profe  o fixo por nós


Que ben! Era un regalo dos Reis Magos. Dentro había moitos contos para a nosa biblioteca de aula.